Cas´Gloria
Reforma interior e de envolvente de vivienda unifamiliar. Muimenta (Lugo). 2025
Descrición:
A intervención transforma por completo a fachada para integrala na estética do lugar mediante un sistema SATE en cor branca, que achega continuidade, eficiencia e unha presenza máis amable. Introdúcese un zócalo de lamas de madeira termotratada que reduce visualmente a escala da vivenda e a achega á escala tradicional da contorna, xerando un diálogo cálido e humano co espazo público. A antiga galería de acceso é renovada por unha nova estrutura de madeira, máis esvelta e luminosa, que incrementa a entrada de luz natural e achega carácter, sinxeleza e coherencia material. A vivenda convive cunha casa tradicional de pedra, o encontro entre madeira e pedra reforza a linguaxe arquitectónica herdada da tradición galega. Toda a urbanización exterior tamén se redefine, empregando formigón lavado visto para manter a honestidade material e crear unha base continua, estable e sen artificios.