[ sobre min ]
Ola!
Son Miguel Morán Gueimonde, arquitecto formado na ETSAC de A Coruña. Ao longo da miña carreira profesional traballei en estudos de arquitectura da Coruña e de Lugo, e combinei o exercicio por conta propia con colaboracións con outros estudos. O meu traballo abrangue todas as escalas do deseño: dende o mobiliario e os espazos interiores ata a arquitectura e a paisaxe
[ A Droguería, o meu espazo, o teu espazo ]
O meu espazo de traballo
Desenvolvo a miña actividade profesional dentro de A Droguería, un espazo que eu mesmo recuperei e rexento, transformando unha antiga droguería de Muimenta nun espazo polivalente onde conviven estudo de arquitectura, sala cultural e punto de encontro veciñal. Nela teño sede de traballo e, á vez, programo cine, obradoiros, exposicións, charlas e actividades creativas.
A Droguería nace como un espazo aberto, honesto e comunitario, no que a arquitectura se mestura coa arte e a vida local, reivindicando o potencial cultural do rural galego.
[ morãn, taller de arquitectura ]
Visión
Concibo unha arquitectura no que cada proxecto nace do lugar, da súa historia e das persoas que o habitarán, creando volumes e espazos honestos, sinxelos e profundamente enraizados e integrados no territorio.
Gústame construír con materiais naturais e reais, sen falsedades, pero sempre reinterpretados dende unha perspectiva contemporánea e actual.
[ O que podo facer por ti ]
Servizos
Ofrezo un servizo integral de todas as fases dun proxecto, tanto de obra nova, reformas, interiorismo ou rehabilitación, que abrangan: idea inicial, deseño, xestión técnica e administrativa, e dirección de obra.
Ademais realizo: asesoramentos, parcelacions, tasacións, certificados enerxéticos, legalizacións, ITE, etc
[ Así é como traballaremos xuntos ]
Metodoloxía
Comezo escoitando coidadosamente ao cliente para atopar puntos en común, entender as necesidades reais e o espírito do proxecto. Analizo o lugar con calma, estudo o contexto e desenvolvo propostas claras e honestas. O proceso é colaborativo, transparente e centrado na confianza