Piso Milagrosa
Reforma interior de apartamento. A Milagrosa (Lugo). 2025

Descrición:

A reforma deste apartamento parte dunha reconfiguración completa dos espazos para adaptalos á vida contemporánea. O antigo salón convértese nun novo dormitorio, mentres que a cociña e o novo estar se unifican nun único ambiente amplo e luminoso, buscando unha relación máis directa coa galería orientada ao sur e co patio de mazá, o espazo máis agradable e vivido da casa. Mantéñense as cornisas orixinais da entrada e dos dormitorios, conservando os elementos que mellor identifican o carácter racionalista da vivenda. As novas particións píntanse en branco, reforzando a claridade e a sensación de amplitude. No novo salón, a cociña intégrase de forma natural no espazo de descanso, presidido por unha viga de formigón vista que queda exposta como xesto de honestidade material: un elemento que conecta a historia do edificio coa intervención actual, combinando memoria e contemporaneidade nun mesmo plano.